7.2.13

Comunicado conxunto 6 febreiro



Hoxe milleiros de traballadores e traballadoras de NCG Banco, demostramos unha vez máis que estamos unidos na defensa dos nosos postos de traballo. Van moitas xornadas de loita, pero non cesaremos ata conseguir un plan alternativo aos despedimentos masivos e baratos que pretende impoñer a dirección. 

A folga foi un éxito, corroborado pola participación nas manifestacións en todas e cada unha das cidades nas que foron convocadas. O seguimento masivo responde á situación que padecemos de incerteza e a unha Dirección, herdada das anteriores, que só pretende perpetuarse por riba de todo (incluso da viabilidade futura) e de todos (despedindo colectivamente).

Noutras entidades negociouse ata o último minuto; aquí a nosa proposta para negociar  xoves e venres foi rexeitada pola avogada de Sagardoy; sen que a empresa, que ao fin e ao cabo paga a súa minuta, mostrase interese pola nosa petición. Seguiremos agardando a que se aveñan a negociar. A semana que ven remata o prazo legal para facelo. É por elo que, ante a posibilidade de que a empresa continúe coa súa cerrazón e pretenda aplicar un ERE unilateralmente, procedemos a dar os primeiros pasos para convocar una xornada de folga de 48 horas, para os días 14 e 15 de Febreiro.

Señores da Dirección: escoiten o clamor do cadro de persoal, arremánguense, póñanse o traxe de faena e séntense dende xa, a traballar co obxectivo de chegar a un acordo. Dunha vez por todas, fagan ben as cousas.

E por último, comentar que entendemos que, aqueles traballadores e traballadoras que non exerceron o seu dereito fundamental de folga, comparten a intención da empresa de despedir masivamente, aplicando indemnizacións miserables en base á reforma laboral; proporemos que a empresa comece por eles. Saen máis baratos e evitarán un conflito maior, que máis poden pedir.

Sem comentários: